Benvida


O Centro Sociocomunitario do Carballiño pertencente á Xunta de Galicia e adscrito á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense, é un centro con carácter polivalente, aberto a toda a poboación dos concellos da comarca onde está asentado (O Carballiño, Boboras, Beariz, Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristobal de Cea); no que se fomenta o desenvolvemento de actividades de formación e animación sociocultural dirixidas a propiciar a interrelación entre os distintos sectores da toda a poboación, cunha especial dedicación ás accións relacionadas coa prevención da dependencia e coa autonomía persoal.
O contido deste blog está exclusivamente centrado nos intereses propios das persoas maiores, dado que a súa elaboración ben motivada pola participación nun programa de actividades informáticas dirixidas aos nosos maiores.