19 de junio de 2012

"Crea o teu propio blog"



Os participantes do curso "Crea o teu propio blog" que se desenvolveu na Aula de Informática deste centro, reciben o diploma acreditativo da súa participación no mesmo; dando por finalizada a actividade coa súa participación mañá día 20 de xuño na Ginkana Informática que se levará a cabo no Centro Sociocomunitario de Ribadavia coa participación de todos os Centros Sociocomunitarios da provincia de Ourense.

14 de junio de 2012

UN DÍA NO CARBALLIÑO



Miles de personas se dieron cita en el Parque Municipal de Carballiño. (Foto: MARTIÑO PINAL)

A Xuntanza dos Maiores reuniunos unha vez máis a todos os Centros Sociocomunitarios da Provincia de Ourense, que xunto con persoas maiores procedentes de toda Galicia , Asturias e da comunidade de Castela-Leon, fixemos que o Parque Municipal do Carballiño se convertise nun gran recinto feiral con numerosos vendedores ambulantes ofrecendo todo tipo de productos, un gran comedor repleto de postos de comida e un bo número de pulpeiras, que despacharon centos de racions de pulpo durante toda a mañá.

13 de mayo de 2012

Xuntanza de Maiores

O 9 de Xuño, sábado  participarase na XXXIV Edición da "Xuntanza de Maiores", terá lugar como todos os anos no Parque Municipal do Carballiño. Xubilados de Galicia e de varias comunidades participarán nesta Xuntanza de Maiores. Pulpeiras, baile, bares ambulantes estarán instalados no parque para atender a todos os asistentes.